
Membro do Grupo Nove e de formación autodidacta, Álvaro Villasante comezou como axudante de cociña no Parador do Val de Arán catalán para despois saltar o Atlántico e traballar en Miami en La Broche, con Sergi Arola. Ramón Freixa ou Gonzalo Tamames estiveron tamén entre os seus mentores.
Álvaro Villasante fíxose co galardón do Concurso de Tapas de Lugo de 2016 presentando unha proposta de nome críptico: AC-543. Ou non tanto, pois correspóndese coa denominación da estrada que une Santiago de Compostela e Noia, lugares de procedencia dos principais ingredientes da receita. O tomate negro de Santiago preséntase con tres preparacións diferentes: unha sopa aromatizada con cítricos; un po xeado feito con nitróxeno líquido; e unha esponxa de textura cremosa. Os berberechos, da ría noiesa, van simplemente abertos no seu zume.

Miembro del Grupo Nove y de formación autodidacta, Álvaro Villasante comenzó como ayudante de cocina en el Parador del Valle de Arán catalán para después saltar el Atlántico y trabajar en Miami en La Broche, con Sergi Arola. Ramón Freixa o Gonzalo Tamames estuvieron también entre sus mentores.
Álvaro Villasante se hizo con el galardón del Concurso de Tapas de Lugo de 2016 presentando una propuesta de nombre críptico: AC-543. O no tanto, pues se corresponde con la denominación de la carretera que une Santiago de Compostela y Noia, lugares de procedencia de los principales ingredientes de la receta. El tomate negro de Santiago se presenta con tres preparaciones diferentes: una sopa aromatizada con cítricos; un polvo helado hecho con nitrógeno líquido; y una esponja de textura cremosa. Los berberechos, de la ría de Noia, van simplemente abiertos en su jugo.