
Lucense de nacemento, Pablo Vila formouse na súa localidade natal para despois viaxar á capital de Galicia e aprender da man de Toñi Vicente.
Actual xefe de cociña do Hotel Oca Puerta del Camino, Pablo destacou no concurso Santiago(é)Tapas cunha sobremesa moi galega, Pan con chocolate e mirabéis, que combina varias elaboracións con ingredientes do país.
Trátase dun pastel de pan de Cea e mirabéis ao que se lle engade un cremoso de chocolate con licuado da froita máxica do Rosal. Á hora da posta en prato, repousa sobre unha crema de tofe. O pan acaramélase con azucre moreno e, para rebaixar a dozura, engádeselle unha bola de xeado de nata coroada cunha tella de pan. Con estes ingredientes, e cunha receita sinxela e moi ben equilibrada, Compostela achegou a nota doce á III Gala Showcooking De Tapas por Galicia.

Lucense de nacimiento, Pablo Vila se formó en su localidad natal para luego viajar a la capital de Galicia y aprender de la mano de Toñi Vicente.
Actual jefe de cocina del Hotel Oca Puerta del Camino, Pablo destacó en el concurso Santiago(é)Tapas con un postre muy gallego, Pan con chocolate y mirabeles, que combina varias elaboraciones con ingredientes del país.
Se trata de un pastel de pan de Cea y mirabeles al que se le añade un cremoso de chocolate con licuado de la fruta mágica del Rosal. A la hora de la puesta en plato, reposa sobre una crema de toffee. El pan se carameliza con azúcar moreno y, para rebajar la dulzura, se añade una bola de helado de nata coronada con una teja de pan. Con estos ingredientes, y con una receta sencilla y muy bien equilibrada, Compostela aportó la nota dulce en la III Gala Showcooking De Tapas por Galicia.